Bebés de 6 a 35 meses

Actividade física controlada que busca o proceso de desenvolvemento evolutivo do bebé, mediante a práctica dunha ampla gama de actividades acuáticas que lle permitan ter un grande percorrido de vivencias motrices, físicas e psíquicas.

O pai ou a nai (ou outro adulto) acompaña ao bebé na auga.

Natación de 3 a 5 anos

Curso que ten como obxectivo a adquisición de diferentes habilidades acuáticas como desprazamentos, xiros, lanzamentos, flotacións e mergullos elementais.

Os contidos do curso céntranse en:

  • toma de contacto coa auga,
  • coñecemento de sensacións,
  • inmersión,
  • coñecemento das fases respiratorias na auga,
  • coñecemento das fases de apnea,
  • exploración do entorno,
  • adquisición do ritmo respiratorio,
  • perdas de apoios plantares, e
  • desprazamentos en contacto coa parede.

En estas idades dividimos os cursos en dous niveis:

  • Iniciación
  • Perfeccionamento

Natación 6 a 15 anos

Cursos que teñen como obxectivo

  • a adaptación completa ao medio acuático,
  • desenvolver diferentes habilidades específicas no medio acuático,
  • dominar a técnica dos diferentes estilos
  • e servir de complemento na educación integral d@ alumn@.

Nestas idades dividimos os cursos en catro niveis en función das idades e os obxectivos a perseguir:

  • Iniciación: Nenos de 6 a 15 anos.
  • Perfeccionamento: Nenos de 6 a 9 anos
  • Perfeccionamento I: Nenos de 10 a 15 anos
  • Perfeccionamento II: Nenos de 10 a 15 anos

Natación adultos

Cursos de natación dirixida a persoas que desexen aprender a nadar e mellorar a súa técnica.

Niveis:

  • Iniciación
  • 2ª Iniciación
  • Perfeccionamento 1
  • Perfeccionamento 2

Natación maiores

Curso destinado a personas maiores de 60 anos que teñen como obxectivo a aprendizaxe e o mantemento da condición física saudable.

Niveis:

  • Iniciación

Natación terapéutica

Programa de saúde que ten como obxectivo a mellora e a prevención das patoloxías do aparato locomotor, cardiorrespiratorias e vasculares, a través da actividade física no medio acuático.

1