O Centro Deportivo Acea de Ama ubícase nunha parcela de 22.000 metros cadrados.


Contamos con instalacións excepcionais para o desenvolvemento de actividades de lecer e deporte, e unha clínica de medicina deportiva e recuperación.
Dispoñemos de seis piscinas de diferentes características, das cales cinco son cubertas e climatizadas (piscina de 25 metros, xogos-chorros, bebés, ondas e tobogáns) e unha descuberta para uso na tempada de verán.


A instalación tamén dispón dunha sala de fitness de 700 metros cadrados, tres salas de actividades dirixidas (unha delas dotada de bicicletas Keiser), pistas de tenis e pádel e un circuito de cross iluminado de 500 metros.
Tamén contamos con varias canchas de baloncesto, fútbol sala, campo de fútbol de herba artificial iluminado, campo de rugby, campo de béisbol e circuíto de BTT.
